A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo celebrou unha nova xornada de retirada de especies exóticas invasoras na ZEC Costa da Morte, unha das zonas núcleo da Reserva da Biosfera, concretamente no concello de Arteixo.
Cun grupo de 35 nenas dun colexio da Coruña, visitamos a Zona Especial de Conservación (ZEC) da Costa da Morte para coñecer esta zona e protexela mediante a eliminación de especies exóticas invasoras. Conseguimos eliminar case 1 tonelada de Carpobrotus edulis, unha especie invasora moi presente nesta zona costeira. Un dos obxectivos deste proxecto é o control e a eliminación da competencia exercida polas especies invasoras (EEI) que está a causar un impacto na composición, estrutura e funcións dos hábitats prioritarios, neste caso os breixos húmidos atlánticos.