Universidade de Santiago de Compostela

Desde 1992, o Programa LIFE é o único instrumento financeiro da Unión Europea dedicado, de forma exclusiva, ao medio ambiente. O obxectivo xeral do Programa LIFE para o período 2004–2020 é contribuír ao desenvolvemento sustentable e á consecución dos obxectivos e metas da Estratexia Europa 2020 e doutras estratexias e plans pertinentes da Unión en materia de medio ambiente e clima.

Con isto, preténdese catalizar cambios no desenvolvemento e aplicación das políticas mediante a achega de solucións e boas prácticas para acadar os obxectivos ambientais e climáticos, así como mediante a promoción de tecnoloxías innovadoras no eido do medio ambiente e do cambio climático. Tamén se apoia a aplicación do Programa Xeral de Medio Ambiente da Unión até 2020: “Vivir ben, respectando os límites do noso planeta”.

O Programa LIFE divídese en dous subprogramas, cada un deles con tres áreas prioritarias.

Subprograma Medio Ambiente
a. Mitigación do Cambio Climático
b. Natureza e Biodiversidade
c. Gobernanza e Información Ambiental

Subprograma Acción polo Clima
a. Mitigación do Cambio Climático
b. Adaptación ao Cambio Climático
c. Gobernanza e Información Climática

O Programa LIFE é xestionado pola Comisión Europea, sendo a autoridade responsable no Estado español o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

https://cinea.ec.europa.eu/programmes/life_en

https://www.miteco.gob.es/es/ministerio/servicios/ayudas-subvenciones/programa-life/

Subscríbete ao noso boletín

Recibe noticias, ofertas exclusivas e contido especial directamente na túa caixa de entrada.