Natura 2000
Natura 2000
Un dos obxectivos máis ambiciosos da Directiva 92/43/CEE é a creación dunha rede ecolóxica coherente, a Rede Natura 2000, formada polos lugares declarados en conformidade coa Directiva 79/409/CEE (substituida actualmente pola Directiva 2009/147/CE), como Zonas de Especial Protección para as Aves ZEPA (Zona de Especial para as Aves), así como daquelas designadas para a conservación dos hábitats do Anexo I e das especies de flora e fauna silvestre do Anexo II da propia Directiva 92/43/CEE, designadas na súa fase inicial como Lugares de Importancia Comunitaria LIC (Lugar de Importancia Comunitaria), e na súa fase final como Zona Especial de Conservación ZEC (Zona Especial de Conservación).
Segundo os datos proporcionados pola Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea a finais do ano 2023, a Rede Natura 2000 está conformada por máis de 27.000 lugares, ocupando case 1,3 millóns de km2 que representan o 18,6% da superficie terrestre e o 9% da superficie mariña da Unión Europea (EUR27). Incluíndo 5.432 ZEPA, cunha superficie de 849.776 Km2, estando representado en 878 ZEPA medios mariños, que representan unha superficie de 321.330 Km2. En canto aos LIC/ZEC, o seu número ascende a 23.771, que engloban unha superficie de 1.008.032 Km2, estando representados os medios mariños en 2.228 LIC/ZEC, abarcando unha superficie de 416.181 Km2.