Con motivo do proxecto LIFE GLOBAL, a Xunta de Galicia licitou un novo proxecto para a eliminación de especies exóticas invasoras no entorno de lagoas costeiras, con actuacións previstas na lagoa dos Nenos, na ZEC Illas Cíes, e nas lagoas de Carregal, Vixán, Muro e Xuño, na ZEC Complexo húmido de Corrubedo, dous espazos incluidos na Rede Natura 2000, e que ademais contan coa consideración de Parque Nacional e Parque Natural.
Cun investimento superior aos 150.000 euros, os traballos, que se desenvolverán ata 2028, inclúen intervencións selectivas, maioritariamente manuais, sobre unha vintena de especies exóticas invasoras, e desenvolveranse ata 2028, cunha primeira fase de retirada en 2026 e un seguimento posterior para controlar os rebrotes. Prevese a intervención nun total de máis de 200 hectáreas.
Esta actuación crea unha gran sinerxía con LIFE INSULAR, que desenvolve as súas actuacións nos ecosistemas dunares adxacentes, de xeito que se potencian e catalizan os resultados de ambos os dous proxectos, contribuíndo a establecer unha estratexia integral de loita contra os efectos adversos nas especies exóticas invasoras nos ecosistemas naturais costeiros.



