Declarada a urxente ocupación das parcelas obxecto de expropiación de LIFE GLOBAL no Concello de Ribadeo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes declarou a urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa das parcelas que serán obxecto do proxecto LIFE GLOBAL no Concello de Ribadeo (daquela, beneficiario do devandito proxecto), dentro da ZEC As Catedrais (ES1120005).
Dáse así un novo paso no proceso necesario para executar o proxecto LIFE GLOBAL, o cal formula o incremento de superficie e a mellora da conectividade de hábitats prioritarios (4040*, 7220*) en escenarios vulnerables no litoral ribadense, favorecendo o seu restablecemento nun estado de conservación favorable, así como a eliminación do tránsito peonil incontrolado de visitantes sobre o bordo litoral.

Subscríbete ao noso boletín

Recibe noticias, ofertas exclusivas e contido especial directamente na túa caixa de entrada.