Xa está aberta a inscrición para o Curso de Verán “Restauración da Natureza: Desafíos, Estratexias e Propostas de Acción“, organizado polo IBADER (USC). O curso, de 25 horas de duración, celebrarase no Centro de Recepción de Visitantes “Casa da Costa” do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (Ribeira, A Coruña, Galicia), do 7 ao 10 de xullo de 2025.
Este Curso de Verán baséase nos obxectivos e metas establecidos pola Estratexia Europea de Biodiversidade, a Estratexia Europea de Infraestruturas Verdes e o Regulamento Europeo de Restauración Ecolóxica. Revisaranse os principais aspectos regulamentarios e técnicos destas estratexias e presentarase ao público unha serie de estudos de casos desenvolvidos en Galicia. Estes casos son excelentes exemplos de proxectos e iniciativas de restauración que se poden replicar a grande escala. Ofreceranse visitas guiadas para facilitar a comprensión dalgúns destes proxectos por parte do alumnado.
Podes atopar máis información sobre o curso:
Na páxina web da USC: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/universidade-veran


