A ZEC Estaca de Bares (ES1110010) atópase situada no litoral NW de Galicia (España), de forma íntegra na provincia da Coruña. A súa delimitación inclúe catís, humidais e matogueiras costeiras, que albergan unha biodiversidade destacada dentro da Rede Natura 2000, e distribúese na porción costeira que se prolonga desde Cabo de Bares (Mañón), ata a praia de San Antonio (Ortiguera).
ZEC Estaca de Bares – ES1110010
DESCRICIÓN XERAL
Superficie (ha): 851,54 ha
Código Natura 2000: ES1110010
Outros estados de protección segundo a lexislación nacional ou rexional:
O ámbito territorial desta ZEC contacta coa ZEPA Corredor migratorio galaico-cantábrico occidental (ES0000554). Ademais, de acordo coa Lei 42/2007 (estatal) e a Lei 5/2019 (autonómica), esta ZEC posúe a consideración simultánea de Espazo Natural Protexido, baixo a categoría de Espazo Protexido Rede Natura 2000.
SITUACIÓN ACTUAL E ACCIÓNS DE CONSERVACIÓN DO PROXECTO
Aproximadamente o 2% da superficie da ZEC Estaca de Bares (ES1110010) correspóndese con áreas mariñas. No 98% restante (superficie terrestre), os medios naturais (sistemas dunares, humidais, matogueiras costeiras e cantís) representan o 78% da ZEC, as áreas con plantacións forestais de especies alóctonas o 14%, as superficies rurais o 3% e as áreas urbanizadas co 3% restante.
A superficie mariña da ZEC Estaca de Bares (ES1110010) son augas territoriais do Estado español. Pola súa banda, na superficie terrestre, as zonas máis próximas ao bordo costeiro inclúense dentro do Dominio Público Marítimo-Terrestre, no cal se executarán as acciones concretas de conservación de LIFE GLOBAL. O resto da superficie terrestre é, na súa práctica totalidade, de titularidade privada.
A ZEC Estaca de Bares é un espazo cun gran complexo de ecosistemas litorais que albergan unha elevada biodiversidade, o que o converte nun enclave ecolóxico de gran valor. Tendo en conta do papel estratéxico que xogan estes ecosistemas, LIFE GLOBAL inclúe unha serie de medidas concretas de conservación na ZEC Estaca de Bares (ES1110010) para a mellora do estado de conservación dos tipos 4020* e 4040*, cuxa sensibilidade e fraxilidade é máis elevada ás ameazas e presións detectadas por este proxecto que noutros dos hábitats presentes.