ZEC Costa da Mariña occidental – ES1120017

DESCRICIÓN XERAL

A ZEC Costa da Mariña Occidental (ES1120017) atópase situada no extremo occidental do litoral Norte da provincia de Lugo, coñecido como Mariña Lucense. A súa delimitación cínguese na súa maior parte á franxa litoral, incluíndo os ecosistemas eulitorais fundamentalmente, así como unha pequena proporción do supralitoral costeiro: sistemas dunares, humidais e ecosistemas mariños que albergan unha biodiversidade de conservación prioritaria dentro da Rede Natura 2000. Tamén inclúe diversos illotes, como Coelleira, Gaveira, Insua da Area, Netos, O Ansarón, Insua da Cal, Farallóns. Deste xeito, a delimitación da ZEC repártese polos termos municipais do Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo.

Superficie (ha): 491,24 ha

Código Natura 2000: ES1120017

Outros estados de protección segundo a lexislación nacional ou rexional:

O ámbito territorial desta ZEC solápase parcialmente coa ZEPA Costa da Mariña Occidental (ES0000372), e contacta coa ZEPA Corredor migratorio galaico-cantábrico occidental (ES0000554). Ademais, de acordo coa Lei 42/2007 (estatal) e a Lei 5/2019 (autonómica), esta ZEC posúe a consideración simultánea de Espazo Natural Protexido, baixo a categoría de Espazo Protexido Rede Natura 2000.

SITUACIÓN ACTUAL E ACCIÓNS DE CONSERVACIÓN DO PROXECTO

Aproximadamente o 7% da superficie da ZEC Costa da Mariña Occidental (ES1120017) correspóndese con áreas mariñas. No 83% restante (superficie terrestre), os medios naturais (sistemas dunares, humidais, matogueiras costeiras e cantís) representan o 69% da ZEC, as áreas con plantacións forestais de especies alóctonas o 15%, as superficies rurais o 7% e as áreas urbanizadas co 2% restante.

A superficie mariña da ZEC Costa da Mariña Occidental (ES1120017) son augas territoriais do Estado español. Pola súa banda, na superficie terrestre, a maior parte constitúena as zonas máis próximas ao bordo costeiro, que se inclúen dentro do Dominio Público Marítimo-Terrestre, no cal se executarán as acciones concretas de conservación de LIFE GLOBAL. O resto da superficie terrestre é de titularidade privada.

Trátase dun espazo cun gran complexo de ecosistemas litorais que albergan unha elevada biodiversidade, o que o converte nun enclave ecolóxico de gran valor. Tendo en conta do papel estratéxico que xogan estes ecosistemas, LIFE GLOBAL inclúe unha serie de medidas concretas de conservación na ZEC Costa da Mariña Occidental (ES1120017) para a mellora do estado de conservación dos tipos 4020*, 4040* e 7220*, cuxa sensibilidade e fraxilidade é máis elevada ás ameazas e presións detectadas por este proxecto que noutros dos hábitats presentes.

Subscríbete ao noso boletín

Recibe noticias, ofertas exclusivas e contido especial directamente na túa caixa de entrada.