A ZEC Costa Ártabra (ES1110002) atópase situada no litoral NW de Galicia (España), de forma íntegra na provincia da Coruña. A súa delimitación distribúese polo denominado Arco Ártabro, porción costeira que se prolonga dende Cabo Ortegal (Cariño), ata a punta Sur da Ría de Ferrol, configurada pola zona de Punta Coitelada (Ares). Os elevados valores de conservación da ZEC Costa Ártabra (ES1110002) convértena nun espazo notable a nivel autonómico, pero tamén español e europeo, presentando un elevado interese para a interpretación do patrimonio natural pola sociedade, combinando cantís, sistemas dunares e humidais, cunha franxa mariña e unha alta biodiversidade protexida pola Rede Natura 2000.
ZEC Costa Ártabra – ES1110002
DESCRICIÓN XERAL
Superficie (ha): 7.545,87 ha
Código Natura 2000: ES1110002
Outros estados de protección segundo a lexislación nacional ou rexional:
O ámbito territorial desta ZEC solápase parcialmente coa ZEPA Costa de Ferrolterra – Valdoviño (ES0000258), e contacta coa ZEPA Corredor migratorio galaico-cantábrico occidental (ES0000554). De acordo coa Lei 42/2007 (estatal) e a Lei 5/2019 (autonómica), esta ZEC é un Espazo Natural Protexido (ENP), baixo a categoría Espazo Protexido Rede Natura 2000. Inclúe tamén a delimitación dun Humidal Protexido (tamén ENP), considerado Área Protexida por Instrumentos Internacionais baixo a categoría de Humidal de Importancia Internacional de Ramsar.
SITUACIÓN ACTUAL E ACCIÓNS DE CONSERVACIÓN DO PROXECTO
Aproximadamente o 7% da superficie da ZEC Costa Ártabra (ES1110002) correspóndese con áreas mariñas. No 83% restante (superficie terrestre), os medios naturais (sistemas dunares, humidais, matogueiras costeiras e cantís) representan o 69% da ZEC, as áreas con plantacións forestais de especies alóctonas o 15%, as superficies rurais o 7% e as áreas urbanizadas co 2% restante.
A superficie mariña da ZEC Costa Ártabra (ES1110002) son augas territoriais del Estado español. Pola súa banda, na superficie terrestre, as zonas máis próximas ao bordo costeiro inclúense dentro do Dominio Público Marítimo-Terrestre, no cal se executarán as accións concretas de conservación de LIFE GLOBAL. O resto da superficie terrestre é na súa práctica totalidade de titularidade privada. Trátase dun espazo cun gran complexo de ecosistemas litorais que albergan unha elevada biodiversidade, o que o converte nun enclave ecolóxico de gran valor.
Tendo en conta do papel estratéxico que xogan estes ecosistemas, LIFE GLOBAL inclúe unha serie de medidas concretas de conservación na ZEC Costa Ártabra (ES1110002) para a mellora do estado de conservación dos hábitats tipo 4020*, 4040* e 7210*, cuxa sensibilidade e fraxilidade é máis elevada ás ameazas e presións detectadas por este proxecto que noutros dos hábitats presentes.