Celebrada a reunión de lanzamento de LIFE GLOBAL en León (España)

O proxecto LIFE GLOBAL, que comezou neste mes de xuño, celebrou a súa reunión de lanzamento nas instalacións de Inbiotec – CESEFOR (León, España), durante o pasado 25 de xuño de 2024. O obxectivo xeral de LIFE GLOBAL é a implementación dunha estratexia transnacional entre España e Portugal para a restauración das áreas de alto valor de conservación Natura 2000 do norte da Península Ibérica, como principal medida de adaptación aos cambios globais actuais, mellorando o estado de conservación e a resiliencia de 10 hábitats e 3 especies, todos eles prioritarios, que se consideran representativos das rexións biogeográficas Atlántica e Mediterránea, así como dos 3 escenarios de maior valor de conservación do norte ibérico. O proxecto conta cun grande potencial demostrativo e piloto, o que permite unha alta transferibilidade e replicabilidade a outros territorios europeos onde áreas de alto valor de conservación se concentran e illan en complexos mosaicos moi fragmentados e vulnerables.

A reunión permitiu xuntar a todos os equipos dos 11 beneficiarios que conforman o proxecto, repartidos en 5 rexións do norte de España (Galicia, Castilla e León, Euskadi, Navarra) e Portugal (Rexión Norte), para a creación dos órganos de xestión e os equipos de traballo de cada beneficiario, así como establecer as primeiras prioridades e tarefas a executar polo proxecto. Do mesmo modo, a reunión serviu como presentación do proxecto en Castilla e León, aos medios de comunicación e, por extensión, á poboación desa rexión.


Subscríbete ao noso boletín

Recibe noticias, ofertas exclusivas e contido especial directamente na túa caixa de entrada.