O vindeiro luns 26 de maio teremos unha xornada no Museo do Mar de Sorrizo, no concello de Arteixo co motivo da celebración do día da Rede Natura 2000 que ten lugar o 21 de maio de cada ano.
Presentaremos o proxecto LIFE GLOBAL que ten como obxetivo xeral a implementación dunha estratexia transnacional de restauración en espacios de alta conservación da Rede Natura 2000 do Norte Ibérico, valorizando areas de España e Portugal, a través de actuacións a pequena escala.
Neste encontro poñeremos en valor a importancia da Rede Natura 2000 con especial atención a ZEC Costa da Morte e a costa de Arteixo que logo visitaremos, sendo unha das moitas zonas actuación de do proxecto.
Non a perdades. Para apuntarse facilitamos o seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScAio_1CekaCwgX7cjglSw35Toc8BpKcFYMjW-HG0H8EPKMMg/viewform?usp=header