Visita de estudantes de Polonia e Italia

O proxecto LIFE Global, centrado na posta en marcha dunha estratexia transnacional entre España e Portugal para a restauración de áreas de alto valor de conservación da Rede Natura 2000 no norte da Península Ibérica, continúa a desenvolver accións de educación ambiental xunto cos seus socios.

Neste contexto, a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas promoveu unha xornada educativa na que recibimos a visita de estudantes de Italia e Polonia, que participaron xunto co alumnado local nunha actividade dedicada a coñecer a importancia dos espazos naturais protexidos e o papel fundamental que xoga a Rede Natura 2000 na conservación da biodiversidade europea.

Subscríbete ao noso boletín

Recibe noticias, ofertas exclusivas e contido especial directamente na túa caixa de entrada.