O proxecto LIFE GLOBAL celebrou a súa terceira reunión de coordinación, durante o pasado 18 de novembro de 2025, na sede da Cuadrilla da Rioxa Alavesa en Laguardia (Álava, España).
A reunión permitiu realizar unha revisión do progreso dos traballos executados polo proxecto durante o ano 2025. As accións preparatorias están practicamente finalizadas, os paquetes de difusión continúan a súa progresión, e estabeleceuse unha previsión do comezo das distintas accións de conservación durante o próximo ano 2026.
A reunión foi complementada por unha visita a unha das localidades de restauración dos hábitats 1510* e 6220* na ZEC Lagoas de Laguardia, na que persoal da Deputación Foral de Álava, xunto a técnicos da Cuadrilla da Rioxa Alavesa, explicaron ao resto de beneficiarios os aspectos clave das actuacións neste territorio.



