A ZEC As Catedrais (ES1120005) atópase situada de forma íntegra no litoral Norte da provincia de Lugo, coñecido como Mariña Lucense, onde destacan os seus cantís, dunas e a Praia das Catedrais, cun alto valor de conservación e protección baixo a Rede Natura 2000. A súa delimitación prolóngase desde Praia Lóngara (Barreiros) ata Penedo do Corvo (Ribadeo).
ZEC As Catedrais – ES1120005
DESCRICIÓN XERAL
Superficie (ha): 297,46 ha
Código Natura 2000: ES1120005
Outros estados de protección segundo a lexislación nacional ou rexional:
O ámbito territorial desta ZEC, de acordo coa Lei 42/2007 (estatal) e a Lei 5/2019 (autonómica), posúe a consideración simultánea de Espazo Natural Protexido, baixo a categoría de Espazo Protexido Rede Natura 2000. Ademais, de forma parcial a ZEC engloba totalmente o ámbito de protección doutra figura de Espazo Natural Protexido, o conformado polo Monumento Natural A Praia das Catedrais. Tamén foi identificada unha Área Protexida por Instrumentos Internacionais baixo a figura de Reserva de Biosfera: a Reserva de Biosfera de Río Eo, Oscos e Terras de Burón.
SITUACIÓN ACTUAL E ACCIÓNS DE CONSERVACIÓN DO PROXECTO
Aproximadamente o 3% da superficie da ZEC As Catedrais (ES1120005) correspóndese con áreas mariñas. No 97% restante (superficie terrestre), os medios naturais (sistemas dunares, matogueiras costeiras e cantís) representan o 39% da ZEC, as superficies rurais o 54% e as áreas urbanizadas co 4% restante.
A superficie mariña da ZEC As Catedrais (ES1120005) son augas territoriais do Estado español. Pola súa banda, na superficie terrestre, as zonas más próximas ao bordo costeiro inclúense dentro do Dominio Público Marítimo-Terrestre (DPMT). Aínda que a maioría do espazo é de titularidade privada, tamén existen predios públicos. Unha pequena fracción das acciones do proxecto na ZEC As Catedrais (ES1120005) executaranse en DPMT e predios públicos (dos cales é titular RIBADEO, beneficiario asociado de LIFE GLOBAL), aínda que a maior parte executaranse sobre predios privados que serán adquiridos por RIBADEO.
A ZEC As Catedrais trátase dun espazo cun gran complexo de ecosistemas litorais que albergan unha elevada biodiversidade, o que o converte nun enclave ecolóxico de gran valor. Tendo en conta do papel estratéxico que xogan estes ecosistemas, LIFE GLOBAL inclúe unha serie de medidas concretas de conservación na ZEC As Catedrais (ES1120005) para a mellora do estado de conservación dos hábitats tipo 4040* e 7220*, cuxa sensibilidade e fraxilidade é máis elevada ás ameazas e presións detectadas polo este proxecto que noutros dos hábitats presentes.