A ZEC Aritzakun-Urritzate-Gorramendi ocupa unha superficie de media montaña con altitudes que oscilan entre os 159 m no punto en que conflúen as augas das regatas Aritzakun e Urritzate e os 1.087 m na cima de Gorramakil (macizo Gorramendi). O territorio distribúese principalmente nas bacías de estas dúas regatas, entre as cales queda o macizo de Gorramendi, onde destacan os hábitats de uceiras higrófilas e pasteiros acidófilos montanos.
ZEC Aritzakun-Urritzate-Gorramendi – ES0000122
DESCRICIÓN XERAL
Superficie (ha): 6.032,48 ha
Código Natura 2000: ES0000122
Outros estados de protección segundo a lexislación nacional ou rexional:
Dentro do ámbito territorial da ZEC inclúense outros status de protección de acordo coa lexislación nacional ou rexional. A ZEC inclúe dúas Reservas Naturais no seu interior (RN Itxusi, 3,05 ha; RN Irubetakaskoa, 3,41 ha) albergadas na Rede de Espazos Naturais Protexidos de Navarra. Tamén conta cun Plan de Xestión propio: DECRETO FORAL 47/2014, de 11 de xuño, polo que se designa o Lugar de Importancia Comunitaria denominado “Aritzakun-Urritzate-Gorramendi” como Zona Especial de Conservación e apróbase o seu Plan de Xestión.
SITUACIÓN ACTUAL E ACCIÓNS DE CONSERVACIÓN DO PROXECTO
A maior parte da ZEC repártese entre a superficie ocupada por uceiras e matogueiras (42%) e a ocupada por bosques caducifolios (39%). Tamén presentan unha superficie importante os pasteiros (pasteiros montanos principalmente) y praderías (principalmente nas cotas altitudinais máis baixas), que supoñen o 12% do total.
Finalmente, completando a superficie da ZEC atópanse zonas cultivadas (3%), plantacións forestais artificiais (2%), rochedos (1,4%) e outros usos como poden ser núcleos habitados, etc. (0,6%).
En canto á titularidade da propiedade repártese cun 93 % de comunal de Baztan, 4,6 % de propiedade particular, e 0,3% de propiedade do Goberno de Navarra. O resto da ZEC corresponde a leitos fluviais, estradas e camiños públicos.
A ZEC Aritzakun-Urritzate-Gorramendi (ES0000122) é especialmente importante para a conservación das uceiras higrófilas do THIC 4020*, xa que é a maior porcentaxe do THIC en Rede Natura, representando o 63,42 % do total na Rexión Atlántica. A ZEC alberga tamén unha superficie importante do THIC 6230* dos pasteiros acidófilos montanos. Por iso, levaranse a cabo accións para a mellora da estrutura e perspectivas futuras mediante a súa protección fronte a condicións antropoxénicas nestes hábitats.