1ª Xornada de voluntariado na ZEC Costa da Morte

O 22 de xullo de 2025 realizouse na Zona de Especial Conservación (ZEC) Costa da Morte, en Galicia, unha actividade de retirada de especies exóticas invasoras centrada na retirada manual de uña de gato (Carpobrotus edulis).

A actividade comezou no aparcadoiro da praia de Alba en Arteixo, onde os participantes foron recibidos polo equipo de LIFE GLOBAL (Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas), dada a localización da acción, sendo provistos de material adecuado para a xornada (luvas, capachos).

O persoal técnico da Reserva da Biosfera proporcionou información e material divulgativo sobre o proxecto LIFE Global, as accións que se desenvolven e formación para recoñecer a planta invasora Carpobrotus edulis, obxectivo da xornada de voluntariado. No proxecto LIFE Global, como garantía para evitar posibles danos, non se empregan produtos químicos (herbicidas, fotoquímicos) no seu control. Así pois, a eliminación desta planta faise de forma estritamente manual.

Durante a xornada de voluntariado ambiental retiráronse de forma manual 700 quilos de Carpobrotus edulis, que foron xestionados a través da corporación municipal cun xestor autorizado de residuos.

Subscríbete ao noso boletín

Recibe noticias, ofertas exclusivas e contido especial directamente na túa caixa de entrada.