O proxecto LIFE GLOBAL celebrou a súa cuarta reunión de coordinación entre os días 17 e 18 de xuño de 2026 na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Vigo, España).
A reunión permitiu realizar unha revisión do progreso dos traballos executados polo proxecto durante a primeira metade do ano 2026. As accións preparatorias están finalizadas, os paquetes de difusión continúan a súa progresión e avaliouse o progreso das distintas accións de conservación en marcha.
A reunión complementouse cunha visita ás Illas Cíes, dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, unha das localidades de restauración do hábitat 1150* na ZEC Illas Cíes, onde o persoal do Parque Nacional explicou ao resto dos beneficiarios os principais retos das actuacións neste territorio.





